Psicocambio
Psicocambio trata de ofrecer un espazo de confianza e respecto, onde cada persoa se sinta aceptada e comprendida.
Desde a mirada integradora do EMDR e a terapia sistémica, acompañamos procesos de sanación e crecemento persoal, axudando a transformar experiencias difíciles e a construír relacións máis equilibradas e significativas.
Esmeralda Fernández González
Son psicóloga sanitaria (n.º de colexiada G-3229) e terapeuta de familia con orientación sistémica, con máis de 15 anos de experiencia no ámbito clínico e social.
A miña formación inclúe un Máster en Asesoramento e Orientación Familiar pola Universidade de Santiago de Compostela e a acreditación en EMDR niveis I e II, unha das terapias máis recoñecidas para a abordaxe do trauma.
Enfoque terapéutico
En Psicocambio aplicamos un enfoque integrador, combinando diferentes métodos terapéuticos segundo as necesidades de cada persoa. Isto inclúe:
Terapia sistémica familiar
para comprender as relacións e dinámicas que inflúen no teu benestar
EMDR
para procesar traumas e experiencias difíciles de maneira segura
Sistema de Familia Interna (IFS)
para explorar e harmonizar as túas partes internas e emocións
Servizos
Infantil e xuvenil
acompañamento a nenos/as e adolescentes en dificultades emocionais, de conduta, escolares, de relación ou adaptación a cambios vitais.
Persoas adultas
procesos de ansiedade, depresión, trauma, duelo, crises vitais ou crecemento persoal
Terapia de parella
apoio na comunicación, resolución de conflitos, crises de confianza ou toma de decisións
Terapia familiar
intervención en dinámicas familiares, problemas de convivencia, procesos de separación, adolescencia ou situacións de enfermidade