Sobre min
Esmeralda Fernández González
Formo parte da Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia, o que me permite manterme vinculada a un marco profesional de calidade e actualización continua.
Desde 2008 desenvolvo o meu traballo en programas en convenio coa Consellería de Familia e Igualdade de Galicia, inicialmente na atención a familias con dificultades na relación cos seus fillos, e na actualidade en programas de apoio a mulleres vítimas de violencia de xénero, menores e persoas en situación de dependencia. Esta traxectoria permitiu acompañar persoas e familias en procesos de grande complexidade, sempre desde unha mirada respectuosa e orientada ao cambio.
Colaborei con
Universidade de Santiago de Compostela, no servicio de Vixilancia da Saúde do campus universitario de Lugo
Experiencia
Formadora en diferentes espazos e proxectos, compartindo ferramentas e coñecementos con profesionais e familias
O meu traballo
Aceptación incondicional, respecto e confianza, creando un espazo seguro no que cada persoa poida atopar recursos para superar as súas dificultades e construír novas formas de benestar